Fotografía en Ourense
Son fotógrafa en Ourense para vodas, eventos, fotografía de mascotas e sesións personalizadas
Completa o formulario e contactarei contigo o antes posible!
Completa o formulario e contactarei contigo o antes posible!
Ola! Son Andrea Regueiro, fotógrafa en Ourense.
Se estás buscando un fotógrafo en Ourense que capture os momentos máis especiais da túa vida da forma máis natural, chegaches ao sitio adecuado.
Vivo e traballo entre Ourense e Santiago de Compostela, pero tamén me movo por toda Galicia.
O meu obxectivo? Conseguir que te sintas cómodo/a durante a sesión e que as fotos falen por si soas.
As nosas mascotas son parte da familia, compañeiros leais que nos acompañan en moitos dos mellores momentos da nosa vida. Por desgraza, a súa é máis curta cá nosa, e por iso é tan importante inmortalizar eses intres que compartimos con elas con imaxes cheas de personalidade. Se queres inmortalizar para sempre a esencia do teu can, gato ou calquera outra mascota e da vosa relación, son a túa mellor opción. Fago sesións de fotos de mascotas en Ourense, e asegúroche que o pasaremos en grande!
As sesións de fotos persoais son unha oportunidade perfecta para capturar imaxes que reflictan quen es ti ou a túa relación cos teus seres queridos, coma unha reportaxe en parella, unha sesión fotos de familia ou unha para ti mesmo/a ou coa túa mascota. En Ourense temos sitios idóneos para ambientar o voso lado máis natural, pero tamén viaxo a calquera parte de Galicia se tés en mente outro lugar especial. Ante todo, quero que te sintas cómodo/a e que as fotos reflictan quen es ti ou o que compartes cos seres importantes na túa vida.
Se organizas un evento en Ourense ou nas súas proximidades, asegúroche que cada intre será fotografado con toda a profesionalidade que merece.
Conta conmigo para capturar a enerxía e os momentos clave que fan que o teu evento sexa único e que son os verdadeiramente memorables.
O meu obxectivo é que as fotos non só reflictan o que pasou, senón tamén a emoción e a intensidade do momento, creando recordos visuais que perduren no tempo.
A fotografía corporativa é clave para proxectar unha imaxe profesional e auténtica. Ademais de traballar con clientes particulares, son fiel defensora do produto local, polo que me apaixona colaborar con empresas e marcas locais en Ourense e traballo con negocios de todos os tamaños para axudar a mellorar a súa presenza visual. Se precisas fotos de produto ou retratos corporativos, podo axudarche a crear imaxes que reflictan a esencia da túa marca.
Se chegaches ata aquí e segues interesado no meu punto de vista e queres falar dun proxecto, dunha sesión fotográfica ou dun evento en Ourense ou en calquera outro punto de Galicia, contacta conmigo e reserva a túa sesión de fotos en Ourense.
Sorprende a alguén especial cun detalle único e inesquecible: regala unha sesión de fotos. Podes escoller entre sesións de fotos de familia, en parella, con mascotas ou individuais, adaptadas aos gustos da persoa que vai desfrutar do agasallo.
Se queres, tamén ofrezo a opción de enviarche unha tarxeta regalo para sesión de fotos en Ourense ou calquera outro punto de Galicia, ideal para aniversarios, datas especiais ou simplemente para sorprender. Se queres facer un regalo de sesión de fotos personalizado e auténtico, non o dubides!
Santiago de Compostela
Ourense
Galicia
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa permite mejorar la experiencia de usuario en la web. En ningún caso se podrá utilizar con fines publicitarios.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!