Fotografía de concertos e festivais

Fotografía de concertos e festivais en Ourense, Santiago de Compostela e Galicia

Festival PortAmérica

Imaxes do festival PortAmérica na Azucreira de Portas

Festival PortAmérica

Imaxes do festival PortAmérica na Azucreira de Portas

Concertos de the Rapants

Imaxes do concerto de The Rapants

Fotografía de concertos e festivais

Imaxes do concerto de Dúo Miguante

Dúo Minguante

Fotografias do festival Noroeste Estrella Galicia

Imaxes do festival Noroeste Estrella 2023

Fotografias do festival Caudal Fest

Fotos do festival Caudal Fest 2023

Concerto de Juancho Marques na Sala Capitol

Imaxes do concerto de Juancho Marques na Sala Capitol, en Santiago de Compostela, en decembro de 2023

Fotografía de concertos e festivais

Se buscas un fotógrafo de concertos ou un fotógrafo de festivais en Galicia, bota un ollo ao meu porfolio de fotos de concertos e festivais. 

Non sei ti, pero, dende logo, eu non sabería vivir sen música en directo, e tampouco sen vivila coa cámara nas mans, para capturar eses intres únicos de cada concerto con precision, creatividade e ese ollo único que cada un de nós temos.

A música en vivo é pura emoción, e cada concerto é unha experiencia irrepetible, cunha esencia única, que merece ser lembrada. Tanto ten se é unha sala de concertos íntima ou nun festival de maior ou menor escala. Dende o primeiro acorde ata o último bis, mantéñome alerta para captar perfectamente eses intres no que a luz, o son e a emoción do público se xuntan, e o meu traballo é inmortalizar esas sensacións en imaxes que falen por si soas.

Traballo en toda Galicia, especialmente en Santiago de Compostela e Ourense, adaptándome ás necesidades de cada evento e ofrecendo imaxes que destacan pola súa capacidade de contar historias. 

Se estás buscando un fotógrafo de concertos ou un fotógrafo de festivais que coñeza ben a escena musical galega e saiba capturar a esencia de cada artista e cada concerto, esa son eu. 

Falemos!