Fotografías profesionais en Galicia

Fotógrafa en Ourense, Santiago e Galicia

Preséntome. Son Andrea Regueiro e son fotógrafa en Ourense, Santiago  e Galicia. Se buscas unha sesión de fotos natural en familia, retratos, fotografía de mascotas, fotografía de produto ou un fotógrafo para eventos en Ourense ou calquera parte de Galicia, son a túa opción

Fotografías naturais e reais. Capturo os momentos tal e como son, sen forzar, deixando que todo flúa, pra captar totalmente a súa esencia. As fotos son máis auténticas así, e as persoas que traballan comigo adoitan dicir que iso é o que máis valoran: que as imaxes transmiten verdade e emoción e, sobre todo, que retransmiten o que eles sinten, o que eles sinten.

Cando alguén busca un fotógrafo en Ourense, moitas veces chegan a min por iso, porque queren fotos que falen por si soas, que capturen esa chispa especial que fai única a cada persoa, a cada mascota, a cada relación ou mesmo a cada produto. 

E a verdade, é que non hai nada que me faga máis feliz que escoitar iso. Ao final, o meu obxectivo é sempre superar as expectativas, facer fotos que emocionen e deixen un recordo duradeiro.

Traballo tanto en exteriores como en estudio, dependendo do que precises. En Ourense, Santiago ou calquera parte de Galicia. 

Fálame e organizamos a  túa sesión de fotos, como ti queiras, cando ti queiras e onde ti queiras. Ou, se o prefires, podo aconsellarte.

Queres regalar unha sesión de fotos?

Regala unha sesión de fotos e regala recordos inesquecibles

Regalar sesión de fotos é unha maneira única de sorprender a quen máis queres. Xa sexa para celebrar un aniversario, datas sinaladas coma o Nadal, unha ocasión especial ou simplemente para crear recordos inesquecibles, regalar unha sesión de fotos é o agasallo atemporal e infalible. Podes elixir entre sesións de parella, familia, mascotas ou persoal, e adaptaremos a experiencia tanto aos gustos e personalidade como aos do destinatario.

Se queres regalar unha sesión de fotos, contacta conmigo para solicitar o teu bono regalo personalizado. 

Falemos!