seARCH ENGINE OPTIMIZATION

Faite ver:
invirte en posicionamento SEO

Coñeces o meu servizo de SEO en Galicia?

No competitivo mundo dixital, destacar entre a multitude é esencial. Aquí é onde entra en xogo o SEO, unha ferramenta poderosa para impulsar a túa presenza en liña.

Que é o SEO?

O SEO, ou Search Engine Optimization, é a clave para mellorar a visibilidade do teu sitio web nos motores de búsqueda, coma Google.

En poucas palabras…

trátase de optimizar o teu contido e estrutura web para que sexa máis atractivo e relevante para os usuarios e os algoritmos dos motores de búsqueda.

Que fai un profesional do SEO?

Un SEO é un arquitecto dixital

Xa escoitarías iso de que aínda que pareza fácil, non significa que o sexa, non si? Pois iso é o SEO.

Traballar en SEO require paciencia, astucia, práctica e coñecer moi ben o algoritmo de Google.

Unha especie de arquitecto dixital. Iso é un profesional do SEO. Analiza o teu sitio, identifica áreas de mellora, e crea estratexias para aumentar o teu posicionamento nos resultados de procura. Desde a investigación de palabras chave ata a optimización técnica, están aquí para levar o teu sitio a novas alturas.

O SEO é unha estratexia completa

O SEO non é só unha lista de tarefas, implica toda unha estratexia que impulsa a túa presenza en liña. É un conxunto de accións estratéxicas que che levan ao seguinte nivel no xogo dixital.

01

keyword Research

Ou analise de palabras clave. As palabras polas que te atopará a xente, as palabras para entender o que quere a túa audiencia e chegar a elas. 

02

SEO On Page

Ooptimización de contido para proporcionar respostas valiosas, e a construción dunha rede de links para fortalecer a túa reputación en liña. 

03

Creación de Backlinks

Ou creación dunha rede de enlaces que favorezan a túa reputación e presenza online.

Mellora a visibilidade online do teu negocio

Con meu enfoque especializado en Galicia, non só traballaremos o posicionamento web, senón que te destacamos entre a comunidade local.

Faremos visible o teu negocio no escenario dixital galego.

Listo para levar a túa presenza en liña ao seguinte nivel? Falemos e fagámolo suceder!

Servizos de SEO en Galicia

Manténdome sempre fiel ás miñas raíces galegas, ofrezo fundamentalmente servizos de SEO adaptados ás necesidades específicas da maior parte dos negocios de Galicia

SEO para pequenos e medianos negocios

Dá igual que sexas un pequeno negocio sen tenda online e intención de medrar online. 

A miña estratexia localizada garante que o teu negocio non só sexa visible a nivel nacional, senón que destaque entre a competencia rexional.

Optimización SEO Local para un éxito a gran escala

o corazón de meu enfoque SEO está a optimización local. 

Como galega, entendo perfectamente as particularidades do mercado galego e asegurareime de que o teu negocio apareza cando os clientes potenciais buscan produtos ou servizos en Galicia. 

Xa sexa que teñas un local  físico ou soamente en liña, maximizo a túa visibilidade na comunidade local. 

Encargareime da visibilidade do teu negocio

E aquí entro eu en xogo: non te preocupes, farei todo ese traballo por ti para que o teu sitio web escale e se posicione entre os resultados de busca de Google.

Para que poidan verte. Para que te coñezan.

Porque estou segura de que tés servizos ou produtos incribles e, se ademais tés unha web á altura, sería unha mágoa non rentabilizalos o suficiente, non?

Resultados medibles e tanxibles

Comprobarás que todo isto non son promesas baleiras. O bo do mundo dixital é que todo pode medirse.

Mediante ferramentas analíticas avanzadas poderemos medir e avaliar o rendemento do teu sitio. 

Progresivamente, con informes detallados, estarás ao tanto de cada avance, cada mellora. 

Porque si, facer SEO en Galicia vai sobre clasificacións, pero sobre todo vai de obter resultados tanxibles que beneficien o teu negocio.

Coidar o SEO é algo parecido a coidar unha planta: leva tempo crecer e esixe que esteas sempre ao tanto.

FAQ: fálame claro, en que consiste iso do SEO?

Auditoría SEO

Para levar a cabo calquera estratexia de mellora sempre é necesario analizar primeiro a situación actual. Se hai un proxecto previo, analizarémolo para propoñer melloras.

Análise da competencia ou nicho de mercado

Que están facendo ben ou mal os teus competidores?

Mapa do sitio ou Sitemap

Google non é un adiviño, a Google hai que dicirlle quen es e que ofrece. Para iso, créase un mapa de todo o seu sitio web, é dicir, un esquema coas cousas relevantes que se inclúen nel.

Análise de palabras clave ou Keyword Research

Se vendes zapatillas de casa nunha pequena tenda de Santiago, queres aparecer cando alguén busca "zapatillas de casa en Santiago", non? Iso son as palabras clave: aquelas palabras polas que queres aparecer en Google.

Optimización do código web

Para facer que o máis improtante da túa web sexa o máis importante para Google tamén.

Velocidade de carga da web

Google non está de acordo con iso de que as cousas de palacio vaian despacio, e seguramente, no que se refire a internet, ti tampouco o estás, non?
Se a túa páxina web se carga rapidamente, Google miirará con mellores ollos e estarás mellor posicionado nos resultados de busca.

Estratexia de contido para blog

O blog será o teu mellor aliado á hora de iniciar unha estratexia de SEO, xa que permite aumentar a presenza de palabras clave e incluír outras novas coas que posicionarte.

Páxinas ou seccións optimizadas para SEO

Nas que aparezan as palabras clave e se destaque o realmente importante.

Faite ver.
Invirte en SEO

Un autónomo, un freelance, una pequena ou unha mediana empresa...Dá igual do tamaño que sexas. O que importa é que te coñezan como se foses o mellor.

Falemos!