A evolución tecnolóxica permitiu a democratización da fotografía, pero tamén dunha infinidade de cousas a maiores. Unha delas, a lectura. Lonxe quedan xa os vellos libros de centos de páxinas gastadas, o cheiro tan característico dos xornais recén abertos ou o tacto do papel das revistas. Hoxe, seguen tendo páxinas, pero sen telas, e o único que podes gastar é a pantalla de cristal do dispositivo que empregues para ler.
Non obstante, segue existindo un tipo de lector que non é capaz de borrar das súas pegadas dactilares o tacto rugoso e suave das páxinas. Un lector que se resiste a avanzar, pero ao que non lle quedará máis remedio que facelo.
Esta imaxe capta a evolución dun mundo analóxico a un dixital no ámbito da lectura. Unha simbiose entre ambos, que podería extenederse, se cadra, a todos os ámbitos da sociedade. Unha transición que durará ata que, irremediablemente, o panorama dixital, ao igual que aconteceu coa fotografía, gañe a partida e o mundo analóxico unicamente quede reservado como hobbie para os máis apaixoados.
Os recordos non son máis que unha colección de imaxes, cheiros, sabores, texturas e sons gravados na nosa mente. Unha arma de dobre fío á que nos agarramos cando botamos de menos, pero que tamén causa que botemos de menos. Sen recordos, non hai memoria, non hai historia, e, polo tanto, nada que extrañar.
O confinamento implica vivir nun “Botar de menos” constante. Botar de menos persoas, momentos, comidas, lugares…Que a nosa mente se encarga de lembrarnos. Os recordos fanse cada vez máis presentes a medida que as pegadas dactilares se van difuminando dos dedos de tanta auga e xabón.
Somos coleccións desordeadas de recordos ás que acudimos, sobre todo, cando non temos repositorio suficiente para encher algunha parte do noso día a día. Cando paramos e, consecuentemente, pensamos. E o confinamento tamén implica pausa. Pausa e distancia, cando menos, física. Unha pausa no camiño que moitas persoas optan por encher revisando o percorrido ata agora mediante coleccións de fotografías. Unha distancia física que outras tantas optan por acurtar revisando unha e outra vez fototecas no tempo libre co firme desexo de voltar a ese momento.
Porque para loitar contra unha arma de dobre fío, eleximos outra: a fotografía. Se os recordos son unha colección de imaxes e demais experiencias sensoriais, as imaxes son coleccións de recordos. Cura temporal que nos permite ir tirando, encher baleiros, voltar a persoas, recargarnos de momentos cando estamos baixo mínimos.
Santiago de Compostela
Ourense
Galicia