Servizos de marketing dixital para pequenas empresas e negocios rurais dende aquí, dende Ourense e dende o rural.
Coñezo as necesidades dos negocios da nosa terra e dos pequenos proxectos, e quero apostar por eles, polo que fai único o noso rural e a nosa contorna, traballando contigo, ao teu carón.
Deixa que as túas redes falen por ti. Creo contido auténtico e atractivo e xestiono por ti as redes socias da túa empresa ou proxecto, sendo sempre fiel ao teu estilo, para que consigas unha imaxe máis profesional, que á súa vez conecte e atraia ao teu público obxectivo.
Deseño e levo a cabo estratexias á medida que conectan co teu público e fan que o teu negocio sexa máis visible.
Deseño páxinas web bonitas, rápidas, intuitivas e que converten. A primeira impresión conta. Coida e profesionaliza o teu escaparate online cunha web profesional que, ademais de ser práctica, concorde co teu estilo.
Consigo que te os teus potenciais clientes te atopen cando buscan o que ti fas. Posiciónate entre os resultados principais do teu sector para a provincia de Ourense.
Os meus disparos non matan, conquistan. Se unha imaxe vale máis que mil palabras, imaxina o impacto dunha boa galería. As imaxes dos teus produtos, do teu negocio, son a túa mellor arma para impresionar, aprovéitaa e multiplica o seu potencial con imaxes profesionais.
Se estás creando unha marca ou un proxecto propio en Ourense, ofrezo asesoramento personalizado para axudarche a que despegue como é debido
Porque son coma ti: teño dous proxectos pequenos e sei o que custa facelos medrar.
Porque me apaixona o rural, o pequeno, o sinxelo. Gústame o que fago e dende onde o fago e poño toda a enerxía en cada cliente, como se fose o proxecto máis grande do mundo.
Porque creo no talento local e no potencial dos negocios de Ourense.
Dende Ourense, para Ourense. Son Andrea Regueiro, especialista en marketing dixital e fotógrafa, e quero axudar ao teu pequeno negocio a destacar para que medres sen complicacións.
Fotografía para pequenas empresas ou proxectos coma o teu, que lle sacarán a súa mellor versión.
Fotografía de producto para redes sociais ou tenda online, fotografía e asesoramento na creación e xestión da marca, fotografía de locais, casas rurais e interiorismo...Sexa cal sexa o estilo que precises, falemos!
En Ourense
En Ourense
En Ourense
Se tés o teu negocio en Ourense ou en calquera parte de Galicia e precisas servizos de fotografía, marketing dixital ou estás pensando en facer unha web, falemos!
Sexa cal sexa o servizo que precises, se tés algunha dúbida, cóntame!
Se o prefires, tamén podes chamarme ou concertar unha cita para falar en persoa e, por que non, tomar un café mentras.
Déixame axudarche a que o teu negocio destaque en Ourense como merece. 🌟
Santiago de Compostela
Ourense
Galicia